grandepedra
consultora|urbanismo|construción
consultora
asesoramento patrimonial, inventario analítico inmobiliario
introducción
O servizo integral consiste na organización documnental, valoración e localización dun conxunto de bens inmobres propiedade dun suxeito, familia ou empresa, con destino a diferentes fins que van dende unha repartición de herdanza previo á firma ante notario, un pacto de mellora, monitorización inmobiliaria dunha cantidade considerable de parcelas ou inmobles urbanos ou un estudo de como darlle saída no mercado a diferente patrimonio paralizado.
Este servizo realízase a medida segundo as necesidades de:
- Empresas ou comunidades de Montes veciñais que desexen organizar e monitorizar o seu capital inmobiliario tendo en conta o seu ciclo de vida, os impostos asociados á posesión (IBI), alquileres, organización de títulos de propiedade ou dar saída no mercado a inmobres que xa non son necesarios para a actividade empresarial.
- Particulares ou familias que desexen organizar reparticións de herdanzas de considerable tamaño mediante a firma de documento público de decenas de parcelas rústicas e urbanas. Este despacho acompaña, asiste e asesora á propiedade na investigación de parcelas non localizadas, non catastradas ou incorrectamente catastradas propoñendo diversas actuacións, medicións ou agrupacións de parcelas colindantes para simplificar e reorganizar un patrimonio favorecendo os seus intereses. O servizo remata coa firma na notaría e trala tramitación dos impostos por sucesións ou actos xurídicos documentados ante a Axencia tributaria de Galicia e informando por último na Xerencia Territorial de Catastro de tódolos cambios realizados.
En Galicia existen unha gran cantidade de propiedades que moitas veces, en especial nos concellos non urbanos, carecen de títulos de propiedade correctamente redactados xa que proceden de relacións xuradas dos herdeiros ou contratos de compravenda privados que resultan inviables para rexistrar parcelas no rexistro de propiedade
tipoloxía de servizos
Os traballos que se realizan neste ámbito son os seguintes de forma completa ou parcial. Recoméndase porse en contacto con esta oficina xa que un bo asesoramento pode axudar a tomar unha óptima decisión económica para o propietario sen resultar esta consulta prohibitiva económicamente.
1. Realízación dun "mapa" impreso e dixital onde se poden localizar gráficamente o conxunto de inmobres (terreos e construccións) no concello ó que pertencen. Este mapa realizase sobre a fotoaérea do concello para facilitar a localización por parte do propietario, así como da localización sobre o plano do PXOM vixente nese concello para saber dun golpe de vista as propiedades de mais valor.
2. Analítica das posibilidades urbanísticas do inventario, o seu valor real, fiscal ou catastral e a descripción dos condicionantes favorables ou desfavorables que poidan afectar a cada un dos inmobles debido ó planeamento urbanístico.
3. Analíticas da fiscalidade da propiedade deses bens inmobles, sumando o IBI previsto para o conxunto de propiedades. Revisión se estes valores son xustos ou existe a posibilidade dalgunh areclamación catastral para baixar algún valor catastral segundo o cal cada concello ou servizo da deputación ORAL emite o recibo de Imposto de Bens Inmobles.
4. Moitas veces a primeira das propostas que se recomenda é, dado que o lexítimo propietario carece de documentos propios, simplemente organizar as escrituras e títulos notarias dos propietarios anteriores do cliente para redactar unha nova escritura notarial que acredite por fin a titularidade dos terreos ou a inscripción destes no rexistro da propiedade se resultase necesario por esixencias do banco ou dun futuro comprador.
5. Esta oficina traballa diariamente coas notarías da zona territorial de cada cliente para preparar e redactar os seguintes documentos públicos.
- aceptacións e reparticións de herdanza dos familiares falecidos ós herdeiros.
- Adiantamentos de herdanzas ou pactos de mellora de familiares vivos ós herdeiros.
- aportación á sociedades conxugales.
- Intermediacións en compravendas.
- Declaracións de obra nova.
- agrupacións e segregacións de parcelas.
6. Liquidación de todo imposto derivado da escritura dun título notarial ante a administración tributaria competente que depende da comunidade autónoma e para o caso de Galicia denomínase Axencia Tributaria de Galicia. Debido á complexidade técnica que estas liquidacións supoñen para o cliente, esta oficina está especializada na tributación fiscal destes impostos completando o servizo integral de asistencia ó cliente e dacordo cos mellores intereses en materia de bonificacións que a normativa autonómica contempla.
galería de traballos de asesoramento patrimonial
Estes mapas representan o inventario gráfico de parcelas dun propietario nun contexto periurbano no concello de Marín tras desentramar o complexa, desactualizada e extensa documentación de títulos antigos que se actualizaron ante notario. Aproveitando o momento clave de re-escrituras o novo título de propiedade, medíronse topográficamente as parcelas de mais valor, as que estaban claramente mal representadas na cartografía catastral e mesmo se agruparon pequenas parcelas rústicas que carecía de sentido que seguisen conservando a referencia catastral independente.
Polo tanto este particular organizou o seu patrimonio inmobiliario, mellorou determinados aproveitamentos do mesmo e posúe unha ferramenta útil para manexar e organizar a herdanza a uns fillos que probablemente non coñezan estas parcelas xa que nunca as traballaron ou visitaron.