top of page

consultora

asesoramento en actividades empresariais

introducción ó servizo

Toda actividade empresarial necesita un lugar físico onde levarse a cabo por parte do promotor da mesma, e pode desenvolverse nun local existente, unha obra nova construída para tal fin ou un recinto exterior. Tendas, oficiñas, naves industriais, almacéns loxísticos, aparcamentos ou grandes almacéns.

 

A implantación de actividades industriais, produtivas ou de servizos nun lugar do territorio require unha xestión integral do proceso que vai dende a elección do local máis adecuado para a actividade a desenvolver ata o deseño do interior do espazo, as súas instalacións e equipamentos necesarios esixidos pola normativa vixente e os que puidera a promotora pensar para diferenciarse no mercado.

 

O promotor dunha actividade pode ser unha persoa física ou xurídica e a administración encargada da supervisión e autorización do local elexido para a súa actividade será o servicio municipal de urbanismo do concello onde se ubique, que se encargará de cotexar toda a documentación técnica das instalacións, o proxecto de acondicionamento, as autorizacións sectoriais previas pertinentes e os certificados ou informes previos que se poidan requirir.

 

Ademáis do anterior que ía en relación co uso do solo ou local, as actividades están tamén reguladas pola consellería autonómica competente na materia e que establece leis, decretos, regulamentos e normas para que os promotores de actividades acondicionen os seus locais ou recintos en base a uns parámetros homoxéneos mínimos que haberá que xustificar en toda a comunidade autónoma. Por último deberán ser inscritas en determinados rexistros de tipoloxías de actividades que as comunidades autónomas pretenden clasificar, regular e en definitiva controlar.

​

tipoloxías do servizo

O noso traballo abarca, no ámbito das actividades:

​

1. Atopar a normativa que rexe a actividade que se quere realizar para saber que trámites burocráticos se necesitarán iniciar. Tramitar a correspondente memoria técnica descriptiva da actividade que o concello esixe ó promotor e que debe estar redactada por técnico competente, xustificando na mesma o cumprimento de toda a normativa intrínseca propia da actividade, toda a  normativa ambiental asociada á actividade e toda normativa en relación ó local onde se desenvolve a actividade.

​

2.Evaluar e asesorar na elección e adquisición dos terreos válidos para actividades empresariais. Moitas veces ocurre para os promotores dunha actividade empresarial que non é posible ubicala no primeiro lugar que tiñan pensado e o traballo desta oficina consiste inicialmente en acompañar a esa empresa a elexir a mellor opción sopesando os riscos, custes e vantaxes de acondicionar un local existente ou comezar dende un solo edificable vvaleiro de licenza directa.  No caso de actividades empresariais que non estean suficientemente reguladas pola administración competente esta oficina á súa vez asesórase de informes xurídicos de despachos de avogados de prestixio coma Calixto Escariz en materia de urbanismo para analizar a viabilidade xurídica  dun emprazamento concreto.

​

3. Atopar esa imaxe para o espazo do teu negocio, que é vital para transmitir os valores de marca e definir o teu target comercial. Isto tradúcese no deseño do espazo, o seu nivel de confort e os seus acabados. No caso de actividades productivas estudar e dar a mellor resposta ós procesos que se dan para configurar o espazo mais eficiente a tal fin, coa implementación de tecnoloxías que permitan aforrar enerxía e custes para a empresa.

​

4. Redactar, se fose necesario o proxecto de acondicionamento do local ou o proxecto de obra nova e a dirección da obra ante a empresa construtora encargada dos traballos.

​

5. Redactar, se fose necesario, os certificados que a administración puidera requererir ó promotor antes da concesión da "licenza de construcción" ou durante o trámite de "comunicación previa de inicio desa actividade".

bottom of page