grandepedra
consultora|urbanismo|construción
consultora
asesoramento a comunidades de propietarios de edificios
introducción ó servizo
Se es veciño dunha comunidade de propietarios preocupado polo estado do teu inmoble.
Se es un administrador de fincas que necesita de inspeccións dos edificios que xestionas.
Se na asamblea de veciños se necesita dun técnico que comunique unha mensaxe importante para explicar e convencer para que se aprobe unha obra que resulta importante decidir.
​
tipoloxías
O parque de edificios de vivenda nas cidades necesita ás veces do asesoramento de técnicos facultativos para:
​
- Establecer e valorar prioridades segundo cada edificio para planear obras de conservación e mellora, adaptado ás necesidades concretas, a antiguidade e tamén ó poder económico da comunidade de propietarios. Non se pode pensar unha reforma pensando na subvención, senón no que realmente se quere conseguir cos recursos cos que contamos.
​
- Realizar investigacións en edificios que presentan graves problemas de humidades. Descubrindo as causas e a súa solución.
​
- Redactar proxectos de obras para conseguir os permisos pertinentes no concello.​
​
- Conseguir presupostos de constructoras da zona (cada vez custa mais conseguilos na medida en que as obras non cheguen a un importe e duración)
​
- INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS (IAE OU ITE). Papelada obrigatoria, e burocracia que os concellos e XUNTA impoñen coma son as derivadas do baixo mantemento de edificios. DECRETO 61/2021, do 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios.
O técnico informante deberá recoller o seguinte contido:
a) Unha valoración final sobre o estado de conservación do edificio que deberá ser favorable ou desfavorable. O IAE será desfavorable no caso de existencia dalgunha deficiencia grave ou moi grave. Nos demais casos o IAE será favorable con independencia de que nel se poidan recomendar os prazos para a realización de obras para corrixir as deficiencias leves que se sinalen.
b) As condicións básicas de accesibilidade do edificio en que se indicará se o edificio cumpre ou non as condicións básicas de accesibilidade. No caso de que non satisfaga as ditas condicións, o técnico informante determinará cales son as medidas de adecuación que se poderían realizar e o seu importe estimado con obxecto de que se poida determinar se son axustes razoables ou non.
c) A cualificación da certificación enerxética do edificio, incluíndo o indicador global do edificio en emisións de dióxido de carbono referido en letra e en KgCO2/m2.ano, así como os indicadores globais de consumo de enerxía referidos en letra e en kWh/m2.ano.
​
- LIBRO DO EDIFICIO: dende o noso punto de vista este burocrático documento debera terse confeccionado polos administradores de fincas xa que na súa maioría son cousas externas a un arquitecto. Para pedir subvencións será necesario redactalo. Pero básicamente é unha enorme carpeta dos documentos esenciais para o entendemento do edificio que se ordena da seguinte maneira:
1. BLOQUE I
I.1 Documentación do edificio e do seu estado de conservación
a) ITE, IEE ou instrumento similar
b) Certificado de eficiencia enerxética
c) Documentación complementaria
I.2 Manual de usuario e mantemento
a) Instrucións de uso e funcionamento do edificio
b) Plan de conservación e mantemento
c) Rexistro de incidencias e operacións de mantemento
d) Contratos de mantemento
e) Rexistro de actuacións no edificio
f) Recomendacións de uso e boas prácticas
2. BLOQUE II
II.1 Potencial de mellora do rendemento do edificio
A. Seguridade de uso e accesibilidade
B. Seguridade contra incendios
C. Saúde
D. Eficiencia enerxética
E. Protección contra o ruído
F. Outros
I.2 Plan de actuación para a reforma do edificio
Intervencións propostas
Optimización mediante medicións simultáneas
Programación e priorización de intervencións
3. RESUMO DO LIBRO PARA A COMUNIDADE
II. ANEXOS: EXPEDIENTE DOCUMENTAL
A.1. DOCUMENTACIÓN EXISTENTE DO PROXECTO DE EDIFICACIÓN
A.2. PLANOS DE PROXECTO DE EDIFICACIÓN
A.3. REDACCIÓN DECLARACIÓN DE NOVA CONSTRUCIÓN / DIVISIÓN HORIZONTAL
A.4. ESTATUTOS DA COMUNIDADE
A.5. ITE/IEE
A.6. CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA
A.7. DOCUMENTOS DE CONTRATO, POLIZAS DE SEGUROS, ETC.
A.8. DOCUMENTOS XUSTIFICATIVOS DE REFORMAS, REHABILITACIÓN E REPARACIÓNS
A.9. OUTROS DOCUMENTOS
​