top of page

urbanismo

REPARCELACIÓNS

introducción ó servizo

Son o complexo acto de reconfigurar unha ou varias parcelas colindantes dando lugar a un novo conxunto de parcelas que posúen novas superficies, formas e propiedades urbanísticas coma o fito de que, por exemplo poidan ser edificables. 

 

Estamos en Galicia nun territorio urbano e periurbano con múltiplicidade de propietarios, enorme número de parcelas e forma das mesmas que necesitan dun traballo de organización dos propietarios previo a construír, vender ou herdar. 

tipoloxías e requerimentos para reconfigurar as referencias catastrais

  • AGRUPACIÓN: simplificación do número de parcelas existentes fusionándoas a nivel planimétrico ou catastral e tamén a nivel escritural. Isto ocorre cando un propietario ten varias parcelas pequenas colindantes e desexa simplificar os documentos de propiedade nun só e obter unha única referencia catastral.

    • non precisa de licenza municipal

    • necesita da escrituración do acto en documento notarial.

    • necesita do pago de impostos no ATRIGA do 1,5% do valor fiscal en escritura da parcela agrupada. Pero agrupar en solo rústico está exento deste imposto.

    • necesita ser informado a catastro tras todo o anterior para dalo de alta na cartografía oficial e poder optar ó rexistro da propiedade.

  • SEGREGACIÓN: nunha parcela de certo tamaño, se pode optimizar o rendemento urbanístico separándoa en varias parcelas que superen a parcela mínima indicada na normativa urbanística. Desta maneira dunha propiedade obtemos mais propiedades co fin de vender, repartir herdanzas a familiares favorecendo os intereses dos propietarios xa que globalmente aumentamos o valor do conxunto.

    • necesita de autorización municipal mediante a solicitude de licenza de segregación redactando un pequeno proxecto.​

    • necesita da escrituración do acto en documento notarial.

    • necesita do pago de impostos no ATRIGA do 1,5% do valor fiscal en escritura de cada parcela segregada.

    • necesita ser informado a catastro tras todo o anterior para dar de alta na cartografía oficial e poder optar ó rexistro da propiedade.

    • NOTAS: esta oficina ten experiencia en casos difíciles onde non é  posible conseguir  a licenza municipal de segregación 

  • PARCELAMENTOS: nun grupo de parcelas existentes  e normalmente colindantes intervense para reconfigurar, mediante combinación do anteriror (agrupación+segregación) dando lugar a un número diferente de parcelas resultantes. Os fins destas operacións poden ser múltiples e teñen que ver con:

    • Privados (particulares ou empresas propietarias) que desexan optimizar o valor e rendemento urbanístico xeralmente relacionado coa optimización de parcelas urbanas ou de núcleo rural edificables.​

    • desenvolvemento urbanístico  privado ou publico de "unidades de actuación" en solos urbanos ou solos urbanizables descritos nos PXOM

    • "concentracións parcelarias" no solo rustico e núcleo rural dun área designadas por un concello i en colaboración coa XUNTA.

    • necesita de autorización municipal mediante a solicitude de licenza de segregación redactando un pequeno proxecto.​

os pasos a dar

nesta oficina axudámosche a conseguir a mellor solución de parcelación para os teus intereses coma propietario mediante xeometría e tendo en conta a normativa urbanística e asesorándote nos pasos sucesivos xa que estamos ante un acto que necesita de varios axentes ó longo de meses tralo noso traballo. Acompañarémoste neste proceso municipal, notarial, fiscal e mesmo rexistral.

A administración encargada de autorizar as reparcelacións é normalmente na maioría de casos o servizo de urbanismo dos concellos mediante a concesión de licenza a un proxecto de reparcelamento e dependendo da ordenanza fiscal municipal será necesario o pago de taxas por segregación.

 

Nun segundo paso, o axente encargado de reconfigurar xurídicamente as propiedades será a notaría, que redactará os novos documentos públicos de propiedade de cada nova parcela incluídos os de cesión ó propio concello e descritos no proxecto e na licenza municipal.

 

O terceiro paso será o pago dos tributos na Axencia Tributaria de Galicia ATRIGA derivados da valoración fiscal de cada parcela descrita nos documentos públicos notariais, tendo en conta os diferentes tipos impositivos e bonificacións tributarias respecto de cada clase urbanística de solo en base á normativa fiscal vixente.

 

Por último, presentarase na xerencia Territorial de Catastro o proxecto de reparcelamento, con copia da licenza municipal, o documento público e a carta de pago dos tributos para que a nova realidade parcelaria se redibuxe na cartografía catastral oficial. Finalmente a propiedade deberá pola súa iniciativa inscribir as parcelas no rexistro da propiedade ou ben modificar, se xa estaban as anteriores rexistradas, a súa nova descripción.

coñece no mapa onde temos realizado traballos coma este

bottom of page